Poderán aloxarse coa súa mascota cunha recarga de 9€/noite e que esta durma na súa habitación seguindo estas instrucións:
- A mascota debe dispoñer do seu transportín ou ben traer a súa cesta ou manta onde adoite durmir para que non se sinta estraña e por suposto non utilice as camas.
- Non poderá quedar soa na habitación cando o seus donos saian de excursión.
- Os seus donos son responsables dos danos que sufra a mascota por morder cables ou outros incidentes e tamén dos prexuízos que ocasione.