+ 34 981 850 903
+ 34 627 184 678

Inicio Blog As nosas casas rurais Perfeuto María e Cabanas de...

As nosas casas rurais Perfeuto María e Cabanas de Carmen

Mércores, 20 de setembro de 2017

Casa Perfeuto María é unha casa con encanto e historia propia, por seren a nosa primeira vivenda adaptada a turismo rural, alugando os seus cuartos e ofrecendo un servizo adicado á restauración. Esta casa conserva a arquitectura galega máis tradicional, datada do século XVIII, combinando tradición e innovación, xa que está restaurada sen perder a maxia do rural.

Unha escapada na que poder disfrutar de tempo libre lendo ou intercambiando experiencias cos hóspedes da casa, xa que os espazos comúns son amplos e convidan a unha boa conversa nunha contorna natural do máis motivadora.

Non só poderedes gozar de tranquilidade e boas vistas, se non que queremos achegarvos a natureza ós teus pés, con roteiros de sendeirismo na contorna da Ría de Muros e Noia, rutas deseñadas para aproveitar ó máximo as marabillas e os rincóns máxicos que o lugar nos ofrece.

Comezamos falando da Ruta Pedra da Vella, que parte da casa Perfeuto María para empezar coa subida pola antiga calzada romana, pasando por un castro milenario, mentres dende as alturas, contémplanse abraiantes paisaxes ata chegar ó “Alto das Sete Fontes”.  

Más info: https://doartesanato.com/media/documentos/RutaPedradaVella.pdf

 

Outra opción moi interesante é a Ruta Caducifolia, perto da casa Perfeuto María, cuxa finca, con follaxe e arboreda autóctona que nos permite apadriñar dúas árbores, o que formará parte da túa aportación á ruta, xa que se pretende conservar as especias caducifolias da contorna.

Máis info: https://doartesanato.com/media/documentos/RutaCaducifolia.pdf

 

A Ruta Pedras do Imbre ten como protagonista un mirador dende onde poder admirar o Val de Donas, paisaxe e hábitat heterogéneos, que outorga ó camiñante unha primeira sensación de contacto coas súas xentes e o medio natural, e na segunda metade do seu percorrido, unha inmersión no medio natural e silvestre.

Máis info: https://doartesanato.com/media/documentos/RutaPedrasdeImbre.pdf

 

Estas son catro das nosas rutas con saída desde Casa Perfeuto María, máis contamos con moitas outras actividades que poderás descubrir pinchando aquí 

En Do Artesanato apaixónanos a diversidade e poder ofrecer diferentes opcións, acertando coa que mellor vaia con cada un, por iso tamén damos a opción de aloxarse en Cabanas de Carmen, casiñas coquetas rurais, nas que poder gozar de tódalas comodidades. Sentiráste coma na casa, onde só os paxaros te despertarán pola mañá e o son da auga ó caer amenizará a túa tarde. Rodeada de incribles paisaxes onde poder perderse con rutas deseñadas para alimentar o espírito e a mente.

 

Tanto as actividades como as nosas casas rurais son ideais para compartir e crear experiencias cos teus. Perfecto para grupos de amigos, familias e mesmo escapadas de desconexión con quen compartes xornadas de estrés no traballo. Casa Perfeuto María pódese alugar ó completo e así xuntar ás túas persoas especiais nun mesmo lugar, e disfrutar de todo o que podemos ofrecerche na túa estancia.

Se te apaixona ver caer as follas, os cambios de tonalidades e sentir a choiva esvarar pola fiestra, convidámoste a que pases uns días entre semana nos nosos aloxamentos. Se non queresa gardar a que sexa fin de semana para facer plans, recomendámosche ademáis as Cabañitas del Bosque , especiais para escapadas románticas entre semana.

Xa podes reservar a túa estancia con nós en reservas@doartesanato.com

Ou chamando ó +34 981 851 009