+ 34 981 850 903
+ 34 627 184 678

Inicio Blog Voda en Cabana de Carmen

Voda en Cabana de Carmen

, 3 de novembro de 2013

O pasado mes de setembro tivo lugar un acontecemento moi querido e esperado para nós. Na Cabana de Carmen celebrouse a voda duns clientes-amigos, unha parella fiel aos nosos establecementos e que pensaron que A Cabana de Carmen e Casa Perfeuto María sería o lugar idóneo para celebrar alí o seu enlace.

Para nós supuxo un orgullo moi grande que pensasen en celebrar algo tan especial na nosa casa, e ademais sendo de lugares tan afastados tanto eles como os seus familiares e amigos. Foi unha fin de semana (e días previos) de moitísimos traballo para nós, nerviosos de que todo saíse o mellor posible para os noivos e invitados, pero mereceu a pena o esforzo e comprobar o ben que o pasaron todos.

O tempo no foi o esperado por calquera noiva pero tivemos que botar man do refraneiro e dicir aquilo de “noiva mollada, noiva afortunada”...


Grazas a Dan e Kathleen pola vosa visita, esta foi a máis especial de todas.

VIVAN OS NOIVOS!!!