Miércoles, 16 de mayo de 2018
A Real Academia Galega leva moitos anos otorgando este premio a xente tan ilustre e tan importante para a nosa historia, as nosas reivindicacións e o noso idioma como Rosalía de Castro (a primeira gañadora), Castelao, Eduardo Pondal, Álvaro Cunqueiro, etc.
Este ano está dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez, nacida en Cáceres e que con só 22 anos asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas Letras tanto na narrativa -nomeadamente a infantil e xuvenil- como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas.
Entre as súas obras destacan, Mar adiante, o seu primeiro libro en galego, Anagnórise, un dos maiores éxitos da nosa literatura xuvenil que foi incluída na lista xe de honra do IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil). Pero o seu libro preferido foi Leonardo e os fontaneiros co que gañou o terceiro premio O Barco de Vapor de 1985.
No noso pobo, Outes, temos a sorte de ter a un destes grandes escritores homenaxeados con este ilustre premio, trátase do poeta Francisco Añón ó que lle dedicaron o premio no ano 1966.
Todos os outienses sentimos un gran orgullo do noso veciño. Todos recordamos cando de pequenos, no colexio, chegábamos ó tema no que estudábamos a súa obra sen saber que noutro tempo un dos nosos foi capaz de escribir poesías tan fermosas. A maioría dos poemas de Añón son improvisacións ás que él non lle daba importancia, onde o tema mais usado era o humor e a sátira. Pero, o máis importante da súa obra son os poemas nos que canta a Galicia como patria da infancia e aqueles nos que describe tipos e costumes galegos.
Deixamosvos uns curtos e fermosos versos deste xenio:
Airiños d'a miña terra,
airiños, airiños, aires
airiños, levám'a ela.
Feliz Día das Letras Galegas a todos.
En la cocina de Casa Perfeuto María nos preocupa tu alimentación, trabajamos con productos que cuidamos desde el origen