+ 34 981 850 903
+ 34 627 184 678

Inicio Blog DÍA DAS LETRAS GALEGAS

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Mércores, 16 de maio de 2018

O 17 de maio é una data moi especial para todos os galegos, sobre todo para aqueles que somos galegofalantes, o Día das Letras Galegas. Este día sirve sobre todo para sentirse orgullosos da nosa lingua, pero tamén para homenaxear a todos aqueles que loitaron e seguen loitando para que siga viva, grandes escritores que fan do galego a súa lingua vehicular nas súas obras.

Homenaxeada

A Real Academia Galega leva moitos anos otorgando este premio a xente tan ilustre e tan importante para a nosa historia, as nosas reivindicacións e o noso idioma como Rosalía de Castro (a primeira gañadora), Castelao, Eduardo Pondal, Álvaro Cunqueiro, etc.

Este ano está dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez, nacida en Cáceres e que con só 22 anos asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas Letras tanto na narrativa -nomeadamente a infantil e xuvenil- como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas.

Entre as súas obras destacan, Mar adiante, o seu primeiro libro en galego, Anagnórise, un dos maiores éxitos da nosa literatura xuvenil que foi incluída na lista xe de honra do IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil). Pero o seu libro preferido foi Leonardo e os fontaneiros co que gañou o terceiro premio O Barco de Vapor de 1985.