Martes, 29 de novembro de 2016
Hoxe non toca falar dunha das nosas cabanas, senón do núcleo central das actividades turíticas que ofertamos: o CAM ou Centro de Actividades Mariñeiras. Desde aquí articulamos todo o funcionamento da empresa, a recepción dos nosos clientes, pasando pola preparación de almorzos e comidas preparadas, ata a organización de eventos de diferente índole.
No CAM atópase ubicada a oficina de recepción de todas as nosas cabanas. Recíbense os visitantes, aos que se lle dan as explicacións sobre o funcionamento da cabana, infórmaselles sobre toda a gama de produtos e servizos que ofrecemos, ademais de levar a cabo o check-in e o check-out. Tamén aconsellamos sobre a nosa contorna máis próxima e calquera tipo de información que o cliente nos requira.
Na cociña de Casa Perfeuto María preocupámonos pola túa alimentación, traballamos con produtos que coidamos dende a súa orixe