Nutrición - Sendeirsmo - Masaxe Sueca - Ioga
Retiro Saudable na Casa Perfeuto María
Luns, 30 de outubre de 2017
A vindeira fin de semana do 18 e 19 de novembro, temos un plan de relax, desconexión e retiro case espiritual en Casa Perfeuto María.
E é que a axencia de turismo activo Volta Montana, en colaboración coa clinica de endocrinoloxía e nutrición EndocrinoVigo, organizan o Primeiro Retiro Saudable na Serra de Outes, máis en concreto, na nosa casa de turismo rural, Casa Perfeuto María.
E en que vai a consistir este retiro?
Lonxe de seren un retiro no que os participantes se aislan para estar en contacto coa natureza e meditar, este retiro ten outros compoñentes como eixos fundamentais, a saber:
A nutrición, ou o bo comer, o senderismo, masaxe sueca e ioga!
O que?
Pois si, o que lestes, pero vaiamos por partes:
Comer sano
A nutricionista Natalia Albino, da clínica
Endocrino Vigo, acompañaranos durante toda a fin de semana para aprendernos como facer unha boca compra, neste caso, no mercado de Noia, preparar os nosos pratos, e como organizarnos para
cociñar sen investir demasiado tempo ou esforzos, e mesmo así, conseguir un menús saudable e delicioso.
Sendeirismo
Non só iremos comer ben, se non que tamén moveremos un pouco o corpo. Darredor de Casa Perfeuto María hai unhas rutas de sendeirismo fermosas, con moitos fitos históricos e etnográficos e cunha dificultade media ou baixa, que nos permitirán pasar a tarde do sábado de camiñata, e en contacto coa natureza, da man da axencia de turismo activo e rutas de sendeirismo
Volta Montana.
Masaxe sueca
O quiromasaxista
Daniel Simón, acompañarános para facernos disfrutar dunha boa masaxe sueca despois desta ruta de senderismo, e para finalizar o día do máis relaxados. A
masaxe sueca é unha modalidade que pretende buscar o relax e a desconexión a través do traballo das mans sobre o corpo.
Ioga
O domingo, logo do almorno, seremos quen de, xunto con
Andrea Hata Vinyasa Yoga, dar unha clase de ioga, ben sexa nos xardíns de Casa Perfeuto María, ou ben no interior, segundo o tempo se porte con nós. A clase está pensada tanto para principiantes, como para aqueles que non amosan dificultades para facer a postura da cobra ou o guerreiro.
Información e Reservas
Un plan do máis completo para aquelas persoas que busquen un pouco de relax de cara a afrontar o inverno, aprender a comer sano, e iniciarse no mundo da vida sana en xeral, xa sexa a través do ioga, do sendeirismo, do contacto coa natureza, etc.
Se queredes ampliar toda a información e programación, podedes consultala na páxina web da axencia de viaxes Celtia Travel, a través da cal poderedes reservar as vosas prazas.