+ 34 981 850 903
+ 34 627 184 678

Inicio Blog Ruta Santiago-Santiago: 2ª etapa Fisterra-Muros

Ruta Santiago-Santiago: 2ª etapa Fisterra-Muros

Martes, 28 de xuño de 2016

Tras a primeira etapa desta ruta, que transcorre da capital compostelana a Fisterra, a segunda etapa conecta as localidades de Fisterra e Muros mediante a denominada “Ruta litoral”, que conta cun total de 51 kms e cruza, entre outras localidades, a parroquia de Ézaro, no concello de Dumbría.

Despois de percorrer uns 25 km dende Fisterra chégase á vila de Ézaro. A importancia deste lugar reside na súa fervenza, a única en toda Europa que desemboca directamente no mar.

Ferfenza de Ézaro

Ézaro ten, ademais, un fermoso paseo marítimo bordeando as súas praias e uns xardíns dende onde, os días nos que abren as comportas do encoro, pódese contemplar unha vista fermosa da fervenza no seu maior apoxeo coa súa iluminación espectacular.

Abandonando a localidade de Dumbría e camiñando outros 25 km, chégase a Muros, a vila mariñeira por excelencia. O seu casco antigo, declarado Ben de Interese Cultural, merece unha visita para descubrir, entre as súas prazas e rúas, o encanto dos seus soportais mariñeiros.

Muros

As dúas prazas máis importantes son a praza de Santa Rosa, co seu cruceiro do ano 1789, e a da Pescadería Vella, actualmente convertida nun espazo de ocio onde se poden tomar uns viños e tapas nas numerosas tabernas. Esta última praza chama a atención a presenza dunha orixinal fonte de cantería que reproduce a silueta dun réptil con ás, e que foi construída no ano 1929 polo mellor canteiro da vila, D. Francisco Iglesias.

Os gravados prehistóricos atopados en diversos puntos de Muros son outro dos  seus principais atractivos.

Praia de Louro de Muros
En Muros atópase tamén a praia de Louro, nunha contorna virxe e de gran beleza situada ao pé e protexida polo monte homónimo. Dende esta praia pódense contemplar espectaculares atardeceres.

Ligazóns