+ 34 981 850 903

Condicións de reserva

RESERVA

Se viu o noso calendario de ocupación e verificou a dispoñibilidade para as datas da súa estadía pode realizar a reserva on-line seleccionando o aloxamento desexado, data de entrada e de saída, habitación elixida, número de prazas e efectuar o pago do anticipo coa súa tarxeta de crédito/débito ou por transferencia bancaria.

Pode chamarnos por teléfono ao +34 981 850 903 /+34 981 851 009 (09:00h – 23:00h), atenderémolo de forma personalizada. Indicarémoslle como proceder para facer efectiva a reserva e realizaremos os trámites remitindo xustificante de pago e confirmación de reserva ao seu correo electrónico. Se o prefire emitiremos ficha pre-reserva ao seu email coa valoración e os datos bancarios onde ingresar ou transferir nas seguintes 72  horas o 40% do importe total dos servizos reservados. Confirmaremos o seu ingreso remitindo ficha de reserva ao seu e-mail.

A aceptación da reserva dá por válidas e asumidas as condicións xerais que a continuación se especifican. Á anulación da reserva aplicaránselle as seguintes porcentaxes de retención:

  • 50% se se anula dende 15 e ata 7 días antes da data de entrada
  • 100% cando se anule 7 días antes ou menos de la data de entrada.

As tarifas especiais dos "Días Verdes", e demais ofertas que se publiquen nesta website serán aplicables para os aloxamentos e as datas que en ditas ofertas se especifiquen. Para reservas en Casa Perfeuto María e A Cabana de Carmen revise a información en prezos e vexa o calendario dos “días verdes”.

O cliente comprométese ao pago íntegro dos días contratados abonando o resto da estadía á súa chegada ou saída tras comprobar o correcto funcionamento das instalacións. En caso de anulación ou saída anticipada o cliente perde o importe total do anticipo realizado a conta da reserva.

ESTADÍAS

  • Entrada a partir das 14:00. Se chega máis tarde das 20:00, por favor, avísenos no +34 981 850 903.
  • Saída antes das 12:00.
  • O cliente comprométese a deixar o aloxamento en perfecto estado. Se se produce algún dano o cliente debe comunicalo á maior brevidade.
  • Non está permitido fumar no interior dos aloxamentos.
  • Non está permitido queimar cera no interior das instalacións.
  • Non está permitido engadir pétalos ou obxectos que atasquen os jets das bañeiras de jacuzzi.
  • Non está permitido queimar nas chemineas plásticos, papel, cartón, leña verde ou con aditivos.
  • O prezo da leña non está incluído no aluguer. O kit de leña para o uso da cheminea ten un custo de 9€. As chemineas son de baixo consumo, teñen un ecofiltro que só permiten usar leña natural sen aditivos.
  • As cabanas e apartamentos están dotados dunha cociña de servizos cos elementos básicos. Aínda que o enxoval conta cunha tixola, rogamos non cociñar frituras que desprendan fortes olores para evitar que se impregne a madeira e os teares.
  • Garde silencio a partir das 00:00 horas para respectar o descanso dos outros hóspedes.
  • Para realizar o check-in será necesario o documento de identidade de todos os hóspedes maiores de 16 anos e unha tarxeta de crédito/débito como garantía de estadía.