+ 34 981 850 903
+ 34 627 184 678

Inicio Situación Entorno

Contorno

Cabanamoura aséntase ao pé dun val fluvial de Outes, no interior da ría de Muros e Noia. No camiño de Santiago a Fisterra, está a tan só trinta minutos de Santiago de Compostela, entre as Rías Baixas e a Costa da Morte. 

As cabanas están situadas entre ríos, praias e montañas con fermosas vistas da costa, nun entorno ideal para a práctica do turismo rural. 

Desde as cabanas pódense visitar os cascos históricos de Muros e Noia, pasando pola súa ría e praias. Tamén se poden realizar excursións de sendeirismo, subir a pintorescos miradores e desfrutar dun solpor nalgún rencuncho da costa atlántica. Pasear polo extenso areal de Carnota e admirar o seu hórreo, seguir camiño cara ao faro de Fisterra, percorrer as Rías Baixas, visitar as dunas de Corrubedo ou descubrir a ciudad de Santiago de Compostela, son outras das moitas actividades turísticas que propicia a nosa situación.

No noso entorno destacan numerosos asentamentos prerrománicos: o Dolmen de Berdoias e o de Olveira (Dumbría), o Dolmen de Cabaleiros (Tordoia), o Dolmen de Corbeira (Mazaricos), o Dolmen de Dombante (Cabana) e o Dolmen de Axeitos na sierra de Barbanza.

Proponerémoslle unha selección de excursiónss pola zona adaptada aos seus intereses: rutas de río e de montaña para “perderse”.