+ 34 981 850 903
+ 34 627 184 678

Inicio Reservas Ofertas Bono Iacobus

Bono Iacobus

Martes, 5 de xaneiro de 2016

Bono Iacobus
A ruta consta de 120,5 quilómetros a realizar en 6 etapas. Ao final de cada unha, o viaxeiro é recollido a pé de camiño e conducido en automóbil a un aloxamento rural no que pernoitará tras unha merecida cea caseira elaborada con produtos da zona.

Prezo

  • 1 Persoa (habitación individual): 565,00€ (IVE incluído)
  • 2 Persoas (habitación dobre): 795,00€ (IVE incluído)


CEA E ALMORZO INCLUÍDOS

Servizos opcionais

  • Pícnic para a etapa de cada día.
  • Traslado da equipaxe en taxi.

O BONO IACOBUS pode ser contratado durante todo o ano exceptuando o mes de agosto e Semana Santa, de forma individual, en parella ou en grupos.


Para obter toda a información adicional que necesites sobre o BONO IACOBUS podes chamar ao teléfono 902 200 432 ou enviar un correo electrónico a cir.turgalicia@xunta.es


Co BONO IACOBUS só terás que camiñar e sentir, porque o descanso telo asegurado.


* A comercialización realízase a través de axencias de viaxes legalmente autorizadas.

Etapa 1

Santiago de Compostela / Ponte Maceira – Etapa 1 (17.3 km)

Santiago de Compostela / Ponte Maceira – Etapa 1 (17.3 km)


O camiñante parte da Praza do Obradoiro ao pé da extraordinaria basílica compostelana. A ruta transcorre pola Carballeira de San Lourenzo e contigua ao antigo mosteiro de San Lourenzo de Trasouto, segue por Augapesada coa súa ponte medieval, Alto do Mar de Ovellas, Ponte Maceira e a súa gran ponte do século XIII e os seus muíños.

Casa Gasamáns


Ames / Etapa 1
A casa atópase nun autentico paraxe da Galicia interior, rodeado de bosque autóctono por un lado e bordeado polo río Tambre por outro.Trátase dunha una casa que conta con máis de cen anos de antigüidade, e que foi restaurada intentando conservar ao máximo as súas características centenarias.

Etapa 2

Ponte Maceira / Marco do Cornado – Etapa 2 (20 km)

Ponte Maceira / Marco do Cornado – Etapa 2 (20 km)


Deixamos atrás Ponte Maceira para seguir a nosa ruta por Negreira (Pazo de Cotón e Igrexa de San Mauro) para chegar ata A Pena. Entráse despois en Piaxe, seguindo o camiño por Cornovo, para pasar máis adiante o “rego de Foxán” e atravesar Vilaserío ata alcanzar a fin do traxecto en Marco do Cornado.


Casa Perfeuto María - Outes / Etapa 2


Trátase dunha construción de 1868 reformada en 2002. A tranquilidade está acompañada de suculentas ceas elaboradas artesanalmente, charlas nos numerosos recunchos da casa ou paseos polo campo.

Etapa 3

Marco do Cornado / Marco do Couto – Etapa 3 (25.3 Km)

Marco do Cornado / Marco do Couto – Etapa 3 (25.3 Km)


Iníciase o traxecto en Marco do Cornado, continúa por Santa Mariña das Maroñas, coa súa igrexa parroquial románica e os seus cabazos, Bon Xesús, Vilar de Castro; onde ascende o monte Aro, en cuxa cima hai un castro e unhas magníficas vistas. Chegados a Olveiroa, poderanse observar nas paredes de varias casas unhas pequenas peanas que serven de entrada ás colmeas que hai no interior das vivendas. A etapa continúa por Hospital do Logoso que outrora contou cun albergue de peregrinos hoxe desaparecido. Pouco despois atópase unha bifurcación onde hai que tomar o desvío a Fisterra, para finalizar en Marco do Couto.


Casa de Santa Uxía - Dumbría / Etapa 3


Esta antiga casa de labranza construída a principios do século XX e recentemente restaurada, goza dunha privilexiada situación na beira do encoro de Santa Uxía. Dende o próximo mirador do Ézaro poderá divisar un espectacular paisaxe da costa galega.

Etapa 4

Marco do Couto / Cabo Fisterra – Etapa 4 (25.9 Km)

Marco do Couto / Cabo Fisterra – Etapa 4 (25.9 Km)


Abandonando Marco do Couto atopamos os santuarios da Nosa Señora das Neves e San Pedro Mártir, cada un coa súa fonte santa, as aldeas de Cee, Corcubión (Conxunto histórico – artístico) e Sardiñeiro para acabar en Fisterra.


Prado da Viña - Fisterra / Etapa 4


Este establecemento está sito nunha atalaia mirando á ría de Fisterra. As súas postas de sol, atardeceres marabillosos e o seu encanto, farán da súa estadía unha experiencia inesquecible.

Etapa 5

Fisterra / Lires – Etapa 5 (15.3 km)

Fisterra / Lires – Etapa 5 (15.3 km)


A etapa iníciase pasando pola igrexa de Santa María das Areas e o seu cruceiro gótico, para atravesar a continuación a vila de Fisterra, Val de Duio, Suarriba, Castrexe, Padrís, Canosa e finalizar en Lires.


Cabañas de Lires - Cee / Etapa 5


O seu entorno natural é admirado por quen se achega a visitala. Un lugar que namora polas súas xentes e paisaxes, pola súa gastronomía e cultura. Aloxamento alternativo: Casa Jesús.

Etapa 6

Lires / Muxía – Etapa 6 (15.3 km)

Lires / Muxía – Etapa 6 (15.3 km)

Partindo de Lires, pásase por Vaosilveiro, Frixe, Guisamonde, Morquintián, Monte Facho, Praia de Lourido, a vila de Muxía e finalízase no santuario da Nosa Señora da Barca e as súas pedras, a de Abalar e a dos Cadrís.


Casa de Trillo  - Muxía / Etapa 6


Sita en Santa Mariña, en pleno mundo rural, conserva o sabor da tradición. O lugar participa dunha paisaxe de gran riqueza.

* Pola mañá, tras un completo almorzo, achegarase ao camiñante de novo en coche ao inicio da siguinte etapa.