+ 34 981 850 903
+ 34 627 184 678

Inicio Reservas Ofertas ESPECIAL TURISMO ACTIVO

ESPECIAL TURISMO ACTIVO

Martes, 12 de xaneiro de 2016

Temos contratos de colaboración con empresas galegas de actividades turísticas que nos garanten a máxima seguridade e os mellores prezos. Se desexa un menú de actividades á súa medida chámenos. Faremos que a aventura sexa inesquecible para vostede e o seu equipo. A reserva mínima para estas promocións é de 2 prazas que poderán unirse ao grupo de actividades doutras reservas. Se desexa regalar unha destas estadías os obsequiados poderán gozala cando o desexen previa confirmación de datas dispoñibles.

Estadías de 3 noites en Pensión Completa

  • DÍA 1. Entrada 15:00, camiñata río ou miradoiro, baño relaxante, cea benvida.
  • DÍA 2. Almorzo 9:00, saída ecuestre de 10:00 a 13:00, ribeira do Donas. Xantar 14,00, información da ruta para realizar excursión por conta propia aos Castros de Baroña, baño relaxante, cea mariscos.
  • DÍA 3. Almorzo 9:00. Saída barranquismo de 10:00 a 15:00 Río Corzán. Xantar 15,00, información da ruta para realizar excursión por conta propia á fervenza do río Xallas, baño relaxante, cea despedida.
  • DÍA 4. Almorzo 9:00, saída ás 12:00.


PVP/2 paxHabitación DobreHabitación HidroHabitación Jacuzzi
Tempada ALTA576 €621 €636 €
Tempada BAJA478 €502 €526 €

Estadías de 6 noites en Pensión Completa

  • Inclúe los días 1, 2 e 3.
  • DÍA 4. Almorzo  9:00. Saída Puenting Viaducto do Tambre de 10:00 a 14:00. Xantar 15:00 h, Cea 21:00.
  • DÍA 5. Almorzo 9:00. Saída Piragüismo no río Tambre de 10:00 a 14:00. Xantar 15:00 h. Cea 21:00.
  • DÍA 6. Almorzo 9:00. Saída Paintball de 10:00 a 14:00. Xantar 15:00. Cea despedida 21:00.
  • DÍA 7. Almorzo de 9:00 a 11:00, saída ás 12:00 da mañá.


PVP/2 paxHabitación DobreHabitación HidroHabitación Jacuzzi
Tempada ALTA1230 €1320 €1350 €
Tempada BAJA1034 €1082 €1130 €