+ 34 981 850 903

Instalacións

As Cabanas de Carmen – Apartamentos Rurais están ubicadas nunha finca de 3.500 m/2 na beira do río,  con encantadoras vistas,  zonas verdes, grella e aparcadoiro.

As cabanas están construídas en pedra e madeira, combinando de forma harmoniosa a arquitectura tradicional e expresións rústicas no seu exterior cunha decoración modernista de trazos sinxelos e confortables no seu interior.